lunes, 20 de marzo de 2017

A culpa é do galego

Ola!

Con esta entrada, dou apertura a este blog e simplemente quero compartir moitas das cousas que me acontecen como muller esposa, nai, filla, irmá, amiga, galega ,como bilingüe de galego e castelán, lectora, apaixoada das manualidades e se Deus e a providencia quere, algún día, como profesora.

Fai pouco, cando fun facer un examen nun centro de FP nunha modalidade a distancia, un dos nosos profesores tivo a escandalosa idea de poñer os exames en lingua galega, todo o mundo medio indignado porque dicían  así ía ser máis complicado  😲😲😲😲. Neste último, unha pregunta incluía a palabra ALACRÁN, unha misteriosa palabra.  O alacrán era o escorpión, "es que está en gallego" dicían uns,  "es que alacrán es escorpión en gallego"dicían outros. A xente víase perxudicada polo seu descoñecemento do galego e o seu malestar estaba dirixido as políticas de normalización lingüística. Isto é un sen vivir, a lingua leva a culpa de todo, mesmo da nosa ignorancia. En resumo, a culpa é do galego!!!

Eu quero aclarar, porque estes temas léxicos me encantan, alacrán e escorpión son substantivos sinónimos tanto en galego como en castelán. O primeiro chegounos polo árabe (al'aqráb) e o segundo polo latín (scorpio-õnis). Visto isto non procede o debate. Isto non é culpa do galego. 

Resultado de imaxes para escorpion

Resultan esgotadores tantos prexuízos, para que logo digan que están superados os esteretipos.

Nota: os escépticos poden consultar os diccionarios na rede da RAG e da RAE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario